TRÁMITE : Certificado do acordo. José Carlos Castiñeira Piñeiro, Secretario do Concello de Pontevedra, CERTIFICO que, na sesión do Pleno do Concello que tivo lugar o 21.04.2022, adoptou o seguinte acordo: 2.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE MOBILIDADE FERROVIARIA. 2022/INIPLENO/000014. O Sr. Alcalde-Presidente procede a dar lectura á seguinte declaración institucional previamente consensuada por todos os grupos políticos municipais: “O Pleno do Concello de Pontevedra declara que a mobilidade ferroviaria ten en Galiza carencias tanto nas infraestruturas como nas comunicaci óns diarias que afectan a ás principais vilas e cidades e, entre elas, a Pontevedra. As tendencias máis avanzadas da sociedade actual poñen o foco no fomento do uso do tren como un medio de transporte seguro e sustentábel que contribúe reducir a utilización do vehículo privado e, deste xeito, acadar unha mobilidade que contribúe mellor aos retos que impón a loita contra o cambio climático. A Unión Europea declarou o transporte por ferrocarril como Servizo Público de Interese Xeral e así atribuíulle unha función esencial no fomento da cohesión social, na mellora do benestar das persoas e na contribución ao desenvolvemento económico. Este recoñecemento impón a RENFE como provedor do servizo a obriga de prestar os servizos con cobertura territorial completa, uns níveis de calidade mínimos e a un prezo asumíbel. Por estes motivos, existe un amplo grao de consenso na sociedade galega da necesidade de pular por investimentos estratéxicos que melloren tanto as infraestruturas como os servizos ferroviarios no noso país. Nos últimos tempos, o dinamismo da interrelación entre as vilas e cidades que están na liña férrea do Eixo Atlántico entre Vigo e A Coruña así como a súa modernización e transformación converteron a devandita liña nun dos traxectos de media distancia con maior número de persoas usuarias de todo o Estado. Sen embargo, temos que salientar as importantes carencias que é preciso corrixir para que esta liña do Eixo Atlántico preste un servizo moderno, eficiente, competitivo e adaptado ás necesidades das persoas que o utilizan. A actual oferta de servizos non responde ás necesidades actuais da mobilidade, pois hai unha diminución de frecuencias imprescindíbeis nas franxas horarias punta para a mobilidade interurbana por motivos laborais e de estudos, debido, principalmente, á reformulación dos horarios que entrou en vigor o 21 de decembro de 2021 e que prima a conexión por AVE con Madrid en detrimento das comunicacións internas entre as cidades galegas. Deste xeito o primeiro convoi de Media Distancia ten previstas a súa saída dende Pontevedra ás 07:00 e a chegada á Coruña ás 08:13, mentres que os retornos son ás 15:00, frecuencias que non se adaptan aos horarios laborais ou de estudos de quen precisa utilizar este medio de transporte. A situación non é mellor para as relacións laborais de Pontevedra a Vigo, sen chegadas entre as 08:33 e as 09:20. Por outra parte, a política tarifaria tampouco é acorde coas circunstancias familiares, laborais nin económicas das persoas usuarias e non existen nas liñas galegas as variedades de abonos e descontos que hai en liñas de proximidade doutras comunidades. Mesmo observamos con estupor como RENFE vén de presentar un plan de mellora para o Servizo de Proximidade de Valencia que afecta a infraestruturas, servizos e tarifas que non aplica nas liñas galegas. O Pleno do Concello de Pontevedra non quere esquecer que semellantes discriminacións ás aquí descritas tamén as sofren as persoas usuarias da liña Ourense-Santiago- A Coruña, a outra liña de Media Distancia da Galiza. Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:780R6KQ96B6VCJQ2 Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Pontevedra demanda ao goberno do Estado 1.- A reorganización dos horarios na liña Vigo - A Coruña en ambos os dous sentidos para permitir a conciliación dos horarios laborais e familiares garantindo a súa adaptación aos horarios de entrada e saída do traballo e dos centros de estudos. 2.- Repor todos os servizos eliminados como consecuencia da pandemia da COVID-19 e da posta en funcionamento do AVE. 3.- A adopción de todas as medidas necesarias para garantir a puntualidade dos convois de Media Distancia e AVANT. 4.- Unha política tarifaria adaptada ás necesidades socio-económicas do país e que mellore a flexibilidade dos abonos en canto a prazo de vixencia e utilización en calquera dos servizos existentes.” E para que conste, coa reserva á que se refire o artigo 92.2 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións (BOP 248, de 28 de decembro de 2005), expido a presente certificación, visada polo Alcalde, en Pontevedra ao día da sinatura. Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:780R6KQ96B6VCJQ2