1 BEOWULF – UN POEMA ÉPICO ANGLOSAXÓN Tradución parcial por Alán Rosende Pereira I. A VIDA E A MORTE DE SCYLD Escoitade! Escoitamos falar dos éxitos e logros do trono de Dinamarca, De como os reis doutrora floreceron, E de como eses soberanos adquiriron tal gloria. Acaso non foi Scyld, fillo de Schefing, o que fixo tremer Os salóns de augamel e ensinou aos seus inimigos A temelo, pese a que o atoparon de pequeno Esfarrapado? E, aínda así, viviu e prosperou, Crecendo a súa forza e importancia baixo a bóveda celestial Até que as tribos, tanto as máis afastadas como as veciñas, Se viron obrigadas a obedecelo E a renderlle tributo. Un bo rei era el. Pasaron os anos e naceulle un fillo a Scyld, Un rapaz no xardín do castelo, a esperanza da xente Que lles enviou Deus. El ben sabía dos males Que sufría o pobo danés, despois de tanto tempo Sen un sobreano. Por iso, o Señor da Gloria deulles Esa bendición. Polas terras escandinavas, O nome de Beow, fillo de Scyld, dispersouse Con gloria e sona. Baixo o coidado do seu pai, Un mozo debe facer bos feitos e proporcionar Agasallos espléndidos para que cando a vellez chegue E os inimigos ataquen, os máis fortes, valentes E merecedores guerreiros queden ao seu carón. Na hora destinada tivo que partir Scyld, O heroe, ao carón do Señor. 2 Levárono á beira do mar, os seus queridos Compañeiros de armas, tal e como lles pedira Cando aínda tiña palabras e protexía aos scyldianos, O benquerido fundador durante moito tempo mandou. Un navío de proa fasquía ficaba no porto, xeada. Con ganas de partir estaba a embarcación do soberano. Aí deixaron ao seu señor e mestre, Dador de aneis, no peito do barco, Preto do mastro. Unha morea de tesouros De países afastados foron carrexados ao seu interior, E dicíase que nunca na vida se viu unha nave mellor enxoiada Coas armas dun guerreiro, accesorios de guerra, Espadas e armadura. No seu peito xacían Tesouros e accesorios para acompañalo Na súa viaxe marítima. Menos tesouros non tiña dos que lle deran Aqueles que no comezo o condenaran, Sendo neno, a sufrir a soidade do mar. Sobre a súa cabeza alzaron Un estandarte dourado, e despois botárono Cara o mar, onde as ondas o levaron, Con desacougo no peito E espírito triste. Ningunha persoa Baixo a bóveda celestial, por sabia que fose, Podería dicir a onde se dirixiu esa nave. 3 II. OS SUCESORES DE SCYLD E O GRAN SALÓN DE FESTAS DE HROTHGAR Entón, durante moito tempo, estivo ao mando Beow o danés, o querido rei do pobo, Famoso entre nacións, desde que o seu pai Partiu ao máis alá. Co tempo naceu o seu descendente, O señor Healfdene, poderoso soberano E temido na guerra patriarca dos fillos de Scyld. Healfdene, líder de exércitos, deu vida A catro fillos en fileira: Heorogar, Hrothgar e Halga o Bo, Ademais dunha filla que, segundo se dicía, foi a Raíña de Onela, compañeira de cama do caudillo dos suecos. A Hrothgar déuselle gloria en batalla E mestría no campo, polo que os seus amigos e paisanos Obedecérono de bo grao, e a súa comitiva Incrementouse notablemente. Entón véuselle á mente Comandar a construción Dun gran salón de augamel, a meirande casa Da que calquera home da terra escoitou falar, E compartir os agasallos que Deus lle deu, Agás a terra de todos e a vida dos homes. Segundo se comenta, o encargo foi dado A miles de tribos por toda a terra media, A creación do salón de banquetes. E, como os homes estimaban, Non tardou o día na que a meirande das casas Estaría completa. Hrothgar chamouna Heorot, Xa que as súas palabras eran máis que as de ninguén. Cumpriu coas súas vaidosas palabras e proporcionou Un banquete, aneis e un tesouro. Sobranceiramente o edificio 4 Amosaba o seu amplo tellado; apagada estaba a chama Do desprezo, e tamén tardaría en chegar O conflito familiar entre os xuramentados, Xenro e sogro, familiares de inimizade. Durante moito tempo sufriu dor e agonía O poderoso espírito que moraba na escuridade, Escoitando cada día o salón cheo Con tanta alegría. Soaban a música da arpa E a clara canción do poeta, contando perfectamente A historia da creación da humanidade. Dixo o bardo que, tempo atrás, o Señor creou A terra mailo océano e, de xeito exultante, Creou o sol e a lúa para iluminar aos moradores da Terra, E amoblou a faciana do solo Con pólas e follas. O Señor deulle vida A toda criatura que se arrastraba e movía. O grupo de homes vivía vidas despreocupadas E non había mal con eles, até que alguén, Encarnación do mal, xurdiu do inferno. O cruel espírito chamábase Grendel, Poboador de brañas e gándaras, Famoso por fisgar nas fronteiras. Este ser infeliz Viviu moito tempo na terra dos monstros Desde que o Creador os proscribiu Por ser descendentes de Caín. Polo asasinato de Abel O Señor eterno vingouse. Non foi feliz por ese conflito, e Deus Desterrouno pola súa noxenta fazaña. De Caín xurdiron miles de seres malvados, De ogros a elfos pasando por sombras malignas, E, por suposto, os Xigantes, que durante moito tempo Rifaron con Deus, pero El doulles o que merecían. 5 III. GRENDEL, O ASASINO Coa chegada da noite tamén veu Grendel, Buscando a gran casa e como nela se colocaran Os valentes daneses trala festa. Atopou en Heorot ao grupo de guerreiros, Durmindo despois do banquete, coa súa tristeza esquecida E os pesares inexistentes. Fervendo de rabia, Atacou rapidamente, a criatura do mal. Malicioso e cruel, colleu dos seus leitos A trinta guerreiros e devorounos, marchando despois Emocionado coa súa fazaña. Volveu a casa, Ao seu fogar fornecido coa morte. Amence un novo día, e coa luz da mañá A atrocidade de Grendel era perfectamente visible. O que outrora foi risa nocturna converteuse en Lamento matutino. O rei Hrothgar Sentouse en silencio, o home forte en luto, Rei glorioso, chorou polos thanes mentres Vía o rastro do terrible inimigo, do demo Maldito. Tan longo, tan cruel, tan duro o preito! Grendel non os deixou descansar, pois A noite seguinte trouxo novos horrores, Con máis morte, asasinato e atrocidade Que desde logo non diminuíron. Non quedaba claro se a criatura buscaba Un acougo máis tranquilo, menos notorio, Nos outros edificios. Totalmente visible, O odio do novo thane era obvio E inconfundible. Os sobreviventes Que quedaban mantiñan as distancias. 6 Entón Grendel converteuse no señor, loitando contra A xustiza, totalmente só. A meirande das casas quedou Entón baleira, tras doce longos invernos de tortura Que sufriu o amigo dos scyldianos, sufrindo males E pesares de todo tipo. Isto non era segredo para Os fillos dos homes, pois ben se sabía En cancións de loito de como Grendel rifou Con Hrothgar, dos males que lle fixo Durante moitos anos de horrores, atrocidades E persecución. Non había paz na súa mente Para os seus compañeiros de Heorot. Non tiña interese en acabar co conflito nin en pagar Ningunha compensación polos defuntos. Ningún conselleiro cría que do asasino Puidese vir algún pagamento. A escura sombra da morte sempre contra eles, Tanto mozos coma vellos. O abominable Vixiábaos e esperábaos, camiñando de noite Pola braña bretemosa. Ninguén vía onde ían Os demos no seu vagar. Unha e outra vez o inimigo do home Atacaba, invisible, proporcionando terribles Ataques. Nas noites máis escuras Vagaba polo salón, baixo o teito dourado de Heorot. Porén, non era capaz de tocar o trono atesourado, Pois Deus non llo permitía ao descoñecer o seu amor. Unha gran dor para o Gardián dos Scyldianos, Esmagando o seu espírito. Os líderes do consello Reuníanse a diario para pensar nalgún plan, A fin de atopar a mellor solución Para os terrores que asolan aos valentes daneses. Rezaron en voz alta, prometéndolle a impíos 7 Ídolos en altares sacrílegos sacrificios A fin de que o Diaño lle traia consolo Á xente sufridora. Tal era o seu costume, Unha esperanza pagá. O Inferno posuía Os seus corazóns e mentes; descoñecían ao creador, Ao Xuíz de todas as accións. Nunca escoitaron falar do Todopoderoso, Non sabían como gabar ao Príncipe do Ceo, O Señor da Gloria. Mala chispa coma a aquel que en tan terribles probas Bote a súa alma á aperta do lume, que non agarda nin mudanza Nin alivio. Que alegre sexa o home Capaz de mirar ao Señor no seu leito de morte E que poida encontrar consolo no Seu colo! 8 IV. BEOWULF OFRECE AXUDA A HROTHGAR Os paisanos de Healfdene meditaban a miúdo sobre O seu pesar sempiterno; o intelixente thane Non podía escapar do que o preocupaba: Tan esmagadora a tristeza que caía sobre a xente, Odiosa e duradeira a tortura que vidas pulverizaba, O máis grande dos pesadelos. Entón un dos vasalos de Hygelac, Un bo home entre os gautas, oíu dos logros de Grendel Na súa terra. Dos heroes da época El era o máis robusto, forte e nobre. Mandou que lle prepararan unha nave fiable; Dixo que buscaría ao nobre rei guerreiro Por todo o océano, xa que necesitaba axuda. Pese ao perigo da aventura, os seus prudentes compañeiros Non o reprenderon, pese ao cariño que lle tiñan, Senón que o alentaron e auguráronlle gloria Ao valente soberano. O excelente cabaleiro gauta Escolleu os súbditos que máis fortes E merecedores lle pareceron. Con catorce compañeiros Chegou ao navío; un curtido mariñeiro Que os levou á fronteira do país. Os días pasaron rápido; o barco estaba na auga, Preto dun cantil. Subiron á proa entón Os curtidos guerreiros. As ondas mariñas mesturaban O mar sobre a area. Entón soldados levaron Ao corazón da nave brillantes armas enxoiadas E fermosas armaduras. Entón os heroes empurraron O navío cara a súa anhelada aventura. O flotador escumado avivado pola brisa, Como un paxaro, deslizábase polas augas, 9 Até que vinte e catro horas pasaron desde entón. O navío de proa curvada viaxou tal distancia Que os mariñeiros viron os empinados terrapléns, Os escarpados e enormes acantilados escintilaban. Aproximábanse aos límites, ao final Do océano. Rapidamente os homes weders escalaron a terra firme, co seu navío amarrado. O seu equipamento de guerra brillaba e escintilaba, E ao Señor agradeceron que a viaxe mariña fose tan xentil. Entón no borde do acantilado un garda dos scyldianos, Que vixiaba os acantilados, viu sobre as murallas Aos soldados portando fermoso equipamento. A curiosidade do garda levouno a pensar E preguntarse que clase de homes se aproximaban. Montado no seu cabalo entón o súbdito de Hrothgar Dirixiuse cara a costa, brandindo con forza Unha lanza nas mans, e preguntou con valentía. “E vós de quen sodes, guerreiros enmallados E ataviados nesa vestimenta, que vides navegando Ese gran barco que percorre as augas, Coas vosas miradas escondidas neses cascos? Moitos anos levo como vixía nesta fronteira, A fin de evitar que forasteiros en navíos Paren en Dinamarca para facernos dano. Endexamais ningún grupo de guerreiros se presentou aquí Con tanta ousadía. Asegúrovos que non sodes Benvidos aquí, palabra de Hrothgar e Hrothful! Nunca xamais vin A un home con máis forza na súa figura Que este cabaleiro con casco. Desde logo, non é Un plebeo este home ataviado en tan impresionante armadura, Ou a súa cara da outra impresión; pois ten 10 A cabeza dun heroe. Dádeme agora os vosos nomes E os da vosa proxenie; ou declarareivos como Espías en terras danesas. Quedade onde estades, estraños, E escoitade o que teño que dicir! Xa que cruzastes o mar, O mellor é que me deades unha resposta simple a fin De recoñecer o motivo polo que viñestes.” 11 V. OS GAUTAS CHEGAN A HEOROT O xefe dos estraños, líder dos guerreiros, proporcionoulle Unha resposta, e de xeito claro respondeu: “Somos da liñaxe dos gautas e amigos do fogar de Hygelac. Meu pai era coñecido por innumerables heroes, Considerado un nobre guerreiro, ao cal Chamaban Ecgtheow. Durante miles de invernos Viviu co seu pobo, onde feneceu na súa viaxe, Vello da súa morada; cada un dos conselleiros Ao longo do vasto mundo lémbrase del. Coa mellor das nosas intencións, vimos visitar Ao fillo do rei Healfdene, o voso señor. Defensor do pobo, guíanos cara alí! Ao teu señor, o helmo dos daneses, Témoslle un importe encargo. Xuro eu que non esconderemos Nada da nosa mensaxe. Deberías saber se é certo O que escoitamos en Götaland, que un salvaxe saqueador, Un perseguidor escondido, nas noites máis turbias E con actos moi desprezables entre os daneses exhibiu Un odio inmensurable, destrución horrenda E innumerables mortos. Sen indicios de egoísmo Quero pedir audiencia con Hrothgar, Para que el, tan sabio e digno, saiba como acabar co destrutor, Se quere diminuír esa agonía algún día, Para recuperar consolo e limar as irritacións da alma, Se non, verase obrigado a vivir Este tempo lamentable, mentres Heorot, O mellor dos edificio, se alza cara o ceo.” Montando o seu semental, o vixiante respondeu, 12 Intrépido súbdito: “Un home enxeñoso, De mente clara, debe ser habilidoso a fin de Diferenciar entre palabras e actos. Vexo que o voso grupo non lle ten malicia Ao soberano dos scyldianos. Pasade cara adiante Con armas e armaduras. Escoltareivos en persoa E aos meus fiables súbditos darei orde De que non danen a vosa embarcación, O voso recentemente pintado navío, contra calquera inimigo Próximo á beira do mar, até que o barco de proa curva poida Levar de volta ao benquerido heroe Polo curso da auga ao dominio weder. A un guerreiro tan grande está garantido Darlle acubillo na tormenta de conflito.” Adiante avanzaron entón, mentres o navío permanecía quedo, O barco de amplo peito atado por cable, Firmemente na áncora. Imaxes de xabaril Que escintilaban nas viseiras cun vívido dourado, Endurecidos polas chamas, actuaban como gardiáns. Os heroes apresuráronse por mor dos súbditos. Descenderon xuntos, até que viron na distancia un gran palacio, Ben decorado, asombroso e relucinte: O máis reputado dos salóns do mundo Onde os heroes podían repousar; O seu resplandor iluminaba as terras do mundo. Entón o vixiante ensinoulles a relucinte Corte dos valentes, e como chegar adecuadamente. O guerreiro virou o seu corcel e dixo mentres os deixaba: “É hora de que marche. Que o Pai Todopoderoso Vos outorgue a Súa gracia, e que a vosa viaxe Sexa próspera! Regreso ao mar Para protexer o pobo de viles rufiáns.” 13 VI. BEOWULF PRESÉNTASE NO PALACIO O camiño brillaba con pedras de cores variadas, Un camiño pateado por todos os súbditos. O equipamento de guerra brillaba firmemente E os elos da espada cantaban entre a armadura A medida que o grupo se aproximaba ao palacio Nos seus belicosos equipamentos. Contra os muros do edificio O seus decorados e robustos escudos de guerra repousaron, E cara os bancos se dirixiron entón. As súas heroicas camisas de batalla soaban; As lanzas en pé entón, todas en grupo, As armas dos mariñeiros, con puntas encinzadas Con fíos de aceiro: as tropas acoirazadas Portaban armas. Entón o xefe de orgulloso porte Preguntou aos campións cuestións de liñaxe: “De que país veñen os vosos dourados Escudos, as vosas armaduras agrisadas, Cascos con viseiras e moreas de lanzas de guerra? Do rei Hrothgar eu son servinte e portavoz. Nunca vin na miña vida a homes tan exemplares, Moi afastados dos ideais bandidos. Aposto que non é exilio, senón aventura E valentía de espírito, o que vos trae a Hrothgar.” Entón o galante gauta, de porte orgulloso, Respondeu a súa pregunta, duro Baixo o seu casco: “Somos compañeiros de Hygelac; O meu nome é Beowulf. Ao fillo de Healfdene, O famoso soberano, direille o motivo da miña viaxe, Se nos permitiría amablemente velo en persoa.” Wulfgar, príncipe dos wendels, 14 Coñecido pola súa audacia, poder E prudencia respondeu entón: “O señor dos scyldianos e mestre dos daneses saberá da túa petición. Informarei ao honorable xefe, dador de aneis, sobre a túa viaxe e volverei pronto coa resposta Que o meu grácil señor considere oportuna.” Entón regresou a onde Hrothgar se sentaba, Vello e canoso entre a súa banda de guerreiros; Avanzou o nobre Wulfgar até que estivo ao carón Do señor dos daneses, os thanes Ocupábanse deste costume. O guerreiro entón dirixiuse Ao amable soberano: “Guerreiros gautas Recorreron o mar para chegar aquí, Vindo de terras afastadas. O seu líder é O campión de batallas chamado Beowulf. E piden o seguinte: que con vostede, meu señor, Piden conferencia. Oh, gracioso Rei Hrothgar, Non lle denegues amigable resposta! Os accesorios que portan estes guerreiros son Indicadores dos seus niveis, e en particular O líder que os guiou aquí parece ser bastante fiable.” 15 VII. HROTHGAR E BEOWULF Hrothgar, gardián dos Scyldianos, respondeu: “Acórdome de cando era un simple cativo! O seu defunto pai chamábase Ecgtheow. A el Hrethel o gauta deulle a man da súa Única filla. Agora o seu fillo atópase Aquí na busca dun valioso aliado. Lembro que outrora os mariñeiros dicían Que cando lle levaban agasallos aos gautas Como xesto de amizade recoñecían en Beowulf Un home coa forza de trinta. Aposto que O Todopoderoso, pola súa Gracia a nós os daneses Do Oeste, mandouno aquí para loitar Contra a opresión de Grendel. Este bo home Recibirá agasallos como pago polo seu valor. Non te atrases e dilles que veñan de inmediato A ver este conxunto de guerreiros; Asegúrate de dicirlles que o pobo danés Lles da a benvida.” Sen demora Wulfgar volveu onde o grupo e díxolles o seguinte: “O Señor de Batallas díxome que anuncie, Señor dos gautas, de que sabe da vosa liñaxe. Teño que dicirvos, determinados aventureiros Dos mares, que sodes benvidos aquí. Ataviados co voso equipamento de batalla podedes pasar E ollar a Hrothgar, portando os vosos cascos. Porén, as vosas lanzas e escudos de madeira de tileiro Esperarán aquí polo resultado das vosas palabras.” O príncipe alzouse, densamente escoltado Pola súa comitiva, e tal e como dixo o xefe, 16 Un grupo permaneceu atrás para protexer as armas. Os gautas balanceábanse tras o seu robusto líder Polo piso de Heorot. O heroe dirixiunos, Duro baixo o casco, e ao chegar onde Hrothgar detivéronse. Entón Beowulf falou; a malla de aneis da súa cota, forxada Pola habilidade dun ourive, brillaba. “Benaventurado sexas, Hrothgar! Son o súbdito E servidor de Hygelac. Xa desde ben pequeno fun protagonista De fazañas que me outorgaron notable sona. O asunto de Grendel É popular na miña terra natal. Os mariñeiros falan deste espléndido salón, De tan maxestoso edificio, totalmente quedo E silencioso, tan pronto como a luz do solpor Se esconde tras o brillante horizonte. Polo tanto instouse aos máis capaces homes Entre o noso pobo, guerreiros demostrados en consello, De que debería buscarte, soberano Hrothgar. Estes homes ben saben do poder das miñas mans. Acaso non me viron saír vitorioso das miñas loitas Con cinco xigantes, o seu sangue por riba de min, Erradicando o seu niño? Acaso non esmaguei unha onda De serpes mariñas de noite en estreito conflito, As bestas do diaño? Buscaban a perdición E atopárona. Ou é que non podo polo menos probar A combater contra o monstro Grendel, Unha proba contra o inimigo? A ti agora poño unha simple petición, rei dos scyldianos, Escudo dos daneses do sur, un simple favor Que espero non me denegues, querido señor do pobo, Xa que vin desde tan lonxe, Fortaleza de Guerreiros; Que eu só poida, coa miña leal e determinada Comitiva de compañeiros, limpar o salón Heorot. 17 Ben sei eu que o desalmado É tan descoidado de non usar armas. Polo tanto, para que o meu señor Hygelac, meu líder de guerra, Estea orgulloso de min, rexeito totalmente Do uso de arma cortante ou de protectora táboa Amarela nesta batalla. Coas miñas mans núas Pelexarei co demo, duelo a morte Entre guerreiro e vilán. Aquel que sexa escollido Será enviado para o xuízo do Señor. Se El o planea, podemos contar con que Grendel Comerá sen medo a carne dos gautas Neste salón de guerra. Ou acaso el non mastigou A forza desta nación? Non fai falta, meu señor, De enterrar o meu corpo, pois diso encargarse Grendel, Se a morte me alcanza, ennegrecido polo sangue. El levarase o meu corpo sanguento, disposto a devoralo, Totalmente solitario, sen dúbida algunha, Salpicando a súa gorida brañenta. Desfacerte do meu corpo Non é asunto que che competa entón. Porén, se a batalla me supera, deberás enviar a Hygelac A miña vestimenta, a mellor das roupas de batalla. O rei dos abrigos de batalla. Esta é a herdanza de Hrethel E da forxa de Wayland. O destino decidirá o curso.” 18 VIII. HROTHGAR E BEOWULF --- Continuación Entón falou Hrothgar, o helmo dos scyldianos: “Entón é para loitar polo noso pobo, meu amigo Beowulf, Que como mostra de amabilidade polo que viñeches aquí? Grande foi o conflito que o teu pai prendeu Cando coa súa man matou a Heatholaf Entre os wylfings. Os gautas Non se atreveron a mantelo entón, por temor á guerra, E marchou despois para buscar aos daneses do sur, Os gloriosos scyldianos, a través dos tremores das augas. Asumín dominio sobre esta nación scyldiana E na miña xuventude mandei neste rico reino, Almacén de heroes. Entón Heorogar, Fillo de Healfdene, morreu; despediuse de nós O meu irmán maior, que era máis home ca min. Entón resolvín o conflito cun pagamento adecuado. Envieille aos wylfings máis alá do océano Tesouros de beleza; contra o cal tiña o xuramento do teu pai. Entristece moito a miña alma dicirlle a calquera, Un pesar no meu corazón, o que o odio de Grendel Tróuxome en Heorot, a humillación, A dor lacerante. Os meus compañeiros de banquete, O meu exército, esmoreceron; a Fortuna levounos Ás garras de Grendel. Ben fácil lle sería a Deus Frustrar os actos do temeroso demo! A miúdo presumían, borrachos de cervexa, E xuraban sobre as xerras, os meus capitáns de batalla, Que aquí esperarían, neste lugar de festexo, Con mortais fíos de ferro, a chegada de Grendel. Cando a mañá trouxo a brillante luz do día 19 Este salón de augamel estaba totalmente manchado de sangue: O sangue empapaba o chan brillante, Un matadoiro. A forza dos meus queridos guerreiros Fíxose máis fraca, pois a morte levounos... Pero polo de agora senta connosco á festa e fálanos Dos teus famosos feitos de guerreiro Vitorioso, se che apetece.” Entón baleirouse un banco para a compañía os gautas No salón de cervexas, para todo o exército. Os guerreiros de robusto corazón sentaron, Portando a súa forza con orgullo. Rápido na súa obriga, O home que portaba o corno de brillante augamel Verteu a súa dozura. A canción dun poeta Soaba unha vez máis en Heorot. De ledicia enchíanse os heroes Nesa gran congregación de gautas e daneses. 20 IX. UNFERTH BÚRLASE DE BEOWULF Entón falou Unferth, o fillo de Egelaf, Sentado aos pés do pai dos scyldianos, Deu corda ao seu escuro corazón. A tarefa de Beowulf, A aventura do valente mariñeiro, molestábao excesivamente, Pois non podía permitir que outro home Tivese baixo o ceo honor máis grande Ou sona máis notoria que a súa mesma. “Pero non es ti o Beowulf que Competiu con Breca en natación, Cando por orgullo volos dous tentastes os mares E por unha trillada barca confiastes as vosas vidas Ás fondas correntes, incapaces inimigos e amigos De disuadirvos dalgún xeito De nadar no mar? Unha proba patética! Braceastes as correntes marítimas, Mensurastes os seus vieiros, Abrístesvos camiño moi lene coas mans, E sucastes as sendas do océano. O mar fervía con trombas de Ondas de inverno; a mercé da auga Traballastes sete noites: e despois ti perdiches O concurso de natación, Pois a súa forza era maior. Pola mañá atopárono Naufragado na beira dos heathorems. Despois volveu de camiño cos brondings, A súa terra natal, amigo da súa xente, Á súa fortaleza onde tiña súbditos, tesouro E seguridade. O fillo de Beanstan Fixo o pé da letra o que che prometeu.