Ola familias! Como sabedes, acaban de ser renovados os cargos da ANPA. Queremos aproveitar esta ocasión para saudarvos neste inicio de curso e, especialmente, animarvos a participar na asociación. É moi importante que as familias formemos parte da AN PA como unha parte activa da comunidade educativa. Desde a entidade podemos contribuír a facer unha escola mellor para as nosas nenas e nenos, favorecer a organización de actividades e festas ou participar na toma de decisións relevantes para o día a día d o centro. Como asociarse á ANPA Cada setembro cómpre actualizar a nosa listaxe de socias. Pregaríamos que vos inscribades preferiblemente ao longo deste mes de setembro (é necesario facer este trámite todos os anos, aínda que xa estivésedes inscritas o curso anterior). Podedes darvos de alta como asociadas a través do noso blog, https://anpaapostolo.blogspot.com/p/formulario - socias.html ou ben deixando esta folla cuberta na caixa de correo da ANPA (porta principal da escola, onda o local da ANPA): INSCRICIÓN NA ANPA Nomes e apelidos das persoas responsables (nai, pai, titor/a, outro) DNI Teléfono Queredes participar na canle de comunicación (whatsapp)? SI __ NON __ Número de fillas/os no centro: Nome/s e apelidos das/os nenas/os: 1. - 2. - 3. - 4. - 5. - O custo de asociarse á ANPA é de20 euros por familia e curso escolar, que deben de ingresarse no seguinte número de conta: C aixabank ES68 0133 6197 4642 0000 1353 ( concepto : Inscrición ANPA) Pode de s contactar c o correo anpa.apostolo@gmail.com ou extraescolare sanpa apostolo@g mail.com PODEDES ENTREGAR DIRECTAMENTE ESTA FOLLA CUBERTA PARA DARVOS DE ALTA COMO ASOCIADAS DA ANPA NO CURSO 22/23 (CAIXA DE COR REO DA ANPA)